A xornada de hoxe en Florencia volveu combinar aprendizaxe, reflexión e intercambio de experiencias nos dous cursos que estamos a realizar.
No curso de inclusión en necesidades educativas especiais, comezamos con dinámicas para coñecernos mellor e presentar os nosos centros, explicando por que sería interesante visitalos. Foi un momento moi enriquecedor para compartir realidades educativas diferentes e poñer en valor o traballo que realizamos en cada contexto.
Posteriormente, afondamos na nosa identidade a través da metáfora do iceberg: reflexionamos sobre o que os demais poden ver de nós e aquilo que permanece oculto. A continuación, trasladamos esta idea á realidade do alumnado, pensando nun dos nosos estudantes e analizando que é o que se ve del, que perciben os seus compañeiros e que aspectos non son visibles a primeira vista. A partir desta análise, puxemos en común posibles estratexias e solucións para favorecer unha resposta máis inclusiva. A sesión rematou cun debate arredor dos conceptos de exclusión, segregación e inclusión, clarificando diferenzas e reforzando a importancia de avanzar cara a modelos educativos máis equitativos.
No curso sobre intelixencia artificial, a xornada centrouse nun debate sobre que é realmente a IA, empregando diferentes ferramentas para contrastar definicións e enfoques. Traballamos tamén cos estereotipos e prexuízos que poden aparecer na información xerada pola intelixencia artificial, reflexionando sobre como inflúen na educación e na sociedade. Entre as ferramentas coñecidas, exploramos Mizou, unha aplicación que funciona como un chat estruturado que permite ao alumnado interactuar e dialogar entre si a través de simulacións guiadas, favorecendo a participación, o pensamento crítico e a práctica comunicativa nun entorno seguro.
A través de dinámicas de posta en común, tanto en pequeno como en gran grupo, compartimos exemplos que evidencian esta realidade e debatemos sobre a necesidade dun uso crítico e responsable destas ferramentas no ámbito educativo.
No tempo libre, ambas profesoras aproveitaron o día soleado e festivo para continuar descubrindo a cidade, visitando lugares emblemáticos como o Ponte Vecchio, a Piazzale Michelangelo ou o Mercato San Lorenzo, gozando así da riqueza cultural e do ambiente único de Florencia.
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario