lunes, 16 de febrero de 2026

Inicio da formación en Florencia

Durante a nosa mañá de hoxe, en Florencia, tivemos a oportunidade de participar en dous cursos que nos están a chegar novas perspectivas sobre educación e innovación.

O primeiro curso centrouse na atención á diversidade e a inclusión. Comezamos coas presentacións e diversas dinámicas para romper o xeo, que nos axudaron a coñecernos mellor e a crear un ambiente aberto e colaborativo. Entre risas e intercambio de ideas, realizamos choivas de ideas e compartimos experiencias dos nosos centros educativos sobre inclusión. Resultou moi enriquecedor poder aprender das prácticas doutros países, xa que o grupo estaba composto por participantes de Croacia, Irlanda e España, o que nos permitiu descubrir enfoques distintos e ferramentas que podemos aplicar no noso traballo diario.




O segundo curso centrouse no uso da intelixencia artificial na educación. Entre as actividades máis divertidas e creativas, cada un deseñou unha “habitación” mediante IA que representase a súa personalidade e intereses, unha forma innovadora de expresarnos e coñecer aos compañeiros. Tamén realizamos o ABC, unha dinámica en pequenos grupos que nos axudou a resumir e reflexionar sobre os contidos do curso. Ademais, puxemos a proba o noso radar para distinguir imaxes reais de imaxes xeradas con IA, unha experiencia sorprendente que nos fixo valorar o potencial destas ferramentas no ensino. Finalmente, debatemos sobre os diferentes usos da intelixencia artificial na educación, explorando como pode apoiar a personalización do aprendizaxe, fomentar a inclusión e enriquecer as metodoloxías pedagóxicas.

Ambos cursos foron unha experiencia inspiradora que combinou teoría, práctica e intercambio cultural, permitindo mellorar a nosa formación como docentes e abrir a nosa mirada a novas ideas e recursos educativos.










No hay comentarios:

Publicar un comentario